Última actualización: sábado 21/05, 15h00min.

NOTA. O luns 16 á noite, cando as acampadas comezaron a estenderse por diversas cidades do Estado español, lancei a idea de facer un blog e un mapa interactivo das convocatorias, para que a xente interesada tivese un directorio onde obter a primeira información. Con ese obxectivo naceu este blog, pero como as cousas teñen mudado tan rapidamente, chegou o momento de reorientalo.

A partir de agora, só se incluirán as noticias e os recursos referidos ás acampadas que están a ocorrer nas cidades e vilas galegas. Dous mapas con todas as acampadas están disponibles aquí e aquí; a lista máis completa e actualizada, aquí.

Hai un grupo en Facebook que agrupa todas as persoas que participan deste movemento en Galiza, sexa acampando ou apoiando, e ao que podedes acceder desde o seguinte enderezo: http://www.facebook.com/home.php?sk=group_213446175342565

Pódedes seguir información actualizada na magnífica cobertura que está realizando http://www.cabozo.com

 

*   *   *   *   *

Esta é a lista das acampadas e dos recursos para seguir a actualidade xerada por/sobre cada unha delas: