Última actualización: venres 20/05, 19h07min

A #AcampadaVigo dispón dun blog e un foro de discusión propios. A de Compostela ten blog e a da Coruña conta cunha web con dominio propio que inclúe unha galería de fotos.

Sería interesante que alguén crease galerías de fotos (en servizos como Flickr, Picassa...), canais de vídeo (en Youtube, Vimeo...) e de streaming (UStream, LiveStream...) para gardar un rexistro o máis amplo posible de todo o que está a acontecer neste movemento que xa podemos considerar histórico.

Recomendamos seguir todo o relacionado coas acampadas galegas a través da rede social galega Cabozo, que hoxe mesmo adaptou a súa portada para dar información sobre este asunto, e polo Twitter. En Twitter, ademais da etiqueta de cada acampada, está activa #galicianrevolution como marco global de todas as acampadas que se producen no país.